INFORMACIÓN PARA SOCIAS-OS

AGAMUS é a Asociación Profesional da Musicoterapia en Galicia

 

AGAMUS ten convenio co SERGAS 

Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras CHUOU 




 Área Sanitaria de Vigo  CHUVI

 


AGAMUS forma parte do grupo de asociacións membros da EMTC Confederación Europea de Musicoterapia. 

AGAMUS forma parte do grupo de asociacións membros da WFMT. Federación Mundial de Musicoterapia. 

A Asociación Galega de Musicoterapia ten a obriga de protexer os intereses da profesión e dos usuarios aos que sirve, asegurándose de que a profesión funcione nun nivel axeitado de formación e práctica. 

AGAMUS comprométese a rexistrar, inspeccionar, observar, actualizar, velar, atender, examinar, gardar, supervisar, resguardar, cuidar e custodiar a práctica profesional das e dos musicoterapeutas que exercen en Galicia dentro do código ético da profesión.

Poderán solicitar ser membros da asociación, os musicoterapeutas ou aquelas persoas que na súa labor, desenrolen algunha especialidade relacionada con algún dos campos e profesións vinculadas á nosa (música, psicoloxía, psiquiatría, psicoanálise, creatividade, terapias da saúde, educación, física, filosofía, profesionais da expresión plástica, artes escénicas, neuroloxía e outras profesións médicas, entre outras) que AGAMUS valore de interese para o fortalecemento da interrelación de profesionais relacionados coa saúde. 

SOCIAS-OS PROFESIONAIS 

O Modelo de Musicoterapia de Galicia é Musicoterapia Científica Aplicada©®CB. A&S. Unha formación de 4 anos con 6000 horas de estudio & Máster de 1500 horas https://casabaubo.com/

As-os estudiantes fan 3000 horas de prácticas en rotación por diferentes hospitais e centros de saúde e outros espazos comunitarios, educativo-pedagóxicos, clínicos, sociais e sanitarios de Galicia. Os estudiantes poderán afiliarse á AGAMUS. Coa anual: 50 euros/ano.

As-os musicoterapeutas profesionais, presentarán un currículo de 150 palabras, onde incluirán Formación & Máster e outros requisitos solicitados pola AGAMUS. 

 As-os Musicoterapeutas rexistradas-os, reciben un certificado acreditando a súa cualificación para exercer a profesión. 

O Rexistro MT/GZ (máis código numérico asignado a cada musicoterapeuta) xunto co nome e apelidos + NIF de cada profesional rexistrada-o, garantiza que as e os musicoterapeutas están formados según os estándares europeos e os propios das especificidades da Comunidade Autónoma de Galicia. 

O rexistro define os estándares de cualificación de musicoterapeuta capacitada-o que respecta o código ético da profesión. 

 As acreditacións renóvanse cada ano no caso de Estudiantes e Musicoterapeutas Noveis* ata rematar o 4º ano de servicio; e cada 4 anos no caso de Musicoterapeutas con máis de 5 anos de experiencia. 

Cota anual profesional: 70 euros/ano.

Preme aquí: TRABALLAR EN GALICIA. REQUISITOS PARA  ACREDITARSE COMO MUSICOTERAPEUTA PROFESIONAL

SOCIAS-OS OUTRAS PROFESIÓNS & OTHERS

As persoas socias non profesionais, farán unha aportación anual: 50 euros/ano.

COLABORACIÓNS

As persoas socias que o desexen, poderán aportar ideas e facer propostas de colaboración voluntaria, para incrementar a comunicación entre profesións e enriquecer os servicios prestados pola AGAMUS. Poderán ser persoas, empresas, fundacións, outros países entre outras opcións. (Colaboración aquí)

Diferentes categorías de registro & acreditación en AGAMUS

faite socia-o aquí 

 1. MT estudiante

2. *MT novel (Entre 1º al 4º anos de experiencia) 

3. MT 1 (Entre 5º al 10º anos)

4. MT 2 (Entre 10 - 20 anos de experiencia)

5. MT 3 con más de 20 años de experiencia

6. MT 4 jubilada-o 

7. Outros profesionais 

7.1.   Profesión Sanitaria

7.1.a. Profesión Sanitaria con Máster en Musicoterapia

7.2.   Profesional Educación

7.2.a. Profesional Educación con Máster en Musicoterapia

7.3. Persoas interesadas en xeral

8. Usuarias-os

9. Mecenas

10. Empresas e Fundacións

11. Asociacións

12. Outros países


* As-os musicoterapeutas noveis durante os 4 primeiros anos, estarán supervisados por un/ha MT experta asignado por AGAMUS, para garantir a atención e coidados que precisan nos primeiros pasos; o respecto e ética coa profesión e pacientes; a calidade nos servizos prestados nos diferentes ámbitos e espazos onde traballen.